Os ordenadores portátiles Toshiba Qosmio G40 van incorporar o chip SpursEngine SE1000 baseado no Cell Broadband Engine, ou sexa, no mesmo chip que emprega a PlayStation 3 e que ata o momento só incorporaba unha liña de servidores blade de IBM.
A incorporación do SpursEngine agardan que permita a codificación e descodificación de vídeo en MPEG-2 e H.264 en alta definición, e outras capacidades grazas á que inclúe 4 elementos de procesamento a 1,5 GHz mantendo un consumo moderado de entre 10 e 20 vatios.
Toshiba tamén prepara o lanzamento dun televisor que inclúa o procesador Cell.
Toshiba incluirá procesadores Cell nos seus portátiles
Compartir Este Artigo

