Cos procesos e avances tecnolóxicos, tan racionais eles, a humanidade sempre se ten comportado dun xeito un pouco irracional. Ou sexa, que decote se ten procurado o aforro de enerxía, a sostenibilidade ou o respecto polo medio ambiente no eido dunha determinada plataforma case sempre despois de ter desenvolvido esta plataforma. Leas aparte, o certo é que nos últimos tempos tanto a Rede (xa creada e posta ao día, aínda que en fase constante de desenvolvemento) como os usuarios están a reclamar cada vez máis medidas que contribúan ao aforro de enerxía e á rendibilidade. Ao outro lado da liña, tentando satisfacer esta demanda están empresas de maior ou menor envergadura, cadora ao tanto dos camiños ás veces inesperados polos que vai virar a tecnoloxía.
Máis polo miúdo e no eido da mellora no funcionamento das bases de datos, unha firmas das que máis está a dar que falar é IronPort, compañía que forma parte de Cisco e está hoxe presente no 95% das 100 empresas máis responsables do mundo no ámbito dos obxectivos sociais e de respecto polo medio ambiente (segundo datos da revista Fortune).
Asemade, achega a súa tecnoloxía (engade as listaxes feitas dita publicación) ao 42% das compañías de meirande envergadura do mercado internacional.
Segundo informa a propia empresa nun comunicado, a súa actividade neste senso baséase sobre todo en facer que os data center ocupen menos espazo e consuman menos enerxía, achegando asemade aplicacións que reduzan o gasto eléctrico nas operacións de filtrado que deixan fóra da organización “á maioría dos contidos sospeitosos que entran pola Rede”, sinala IronCenter.
A idea é, polo tanto, de poñerlle freo ó amoreamento innecesario de datos, especialmente grave cando ese amoreamento é de contidos de malware.
IronPort, presente no 95% das multinacionais máis responsables co medio
Compartir Este Artigo

