CodeBit Systems, unha empresa galega que conta con dez anos de experiencia no sector do desenvolvemento de software, vén de presentar tres novas aplicacións para a xestión comercial de pequenas e medianas empresas (pemes), todas elas de xeito íntegro en galego.
Trátase de tres ferramentas pensadas para facilitarlles aos pequenos emprendedores as súas tarefas de xestión do día a día dos seus negocios e consisten nun programa de facturación, outro de contabilidade e un terceiro de TPV, cada un deles presentado en dúas gamas con distintas prestacións e diferentes prezos.
No referente ao programa de facturación, este está adaptado para dar servizo en oito sectores distintos: alimentación, droguería, ferraxerías, xeral, servizos técnicos, talleres de vehículos, téxtil e tendas de informática, e en todos eles, o galego foi a lingua escollida polos seus creadores para darlle forma ás facturas resultantes.
A través desta iniciativa, CodeBit Systems aposta fortemente polo emprego da nosa propia lingua “para avanzar no proceso de normalización e promover o uso do idioma”, algo que, dende Código Cero, apoiamos firmemente con moito gusto.
Software en galego para a xestión da nosa empresa
Compartir Este Artigo

