Hoxe Adobe amosou a súa nova comunidade en liña, que permite gardar e compartir ficheiros, procesar textos e introducirnos nunha versión de Acrobat 9 que incorpora tecnoloxía Flash (o que permitirá reproducir películas dentro de ficheiros PDF).
Cando entramos en Acrobat.com vemos agora como se nos abre unha porta a Buzzworld (o procesador de textos en liña e colaborativo), ConnectNow (para facer conferencias vía web e compartir os novos escritorios na Rede), gardar os nosos ficheiros, compartir documentos e crear documentos PDF e descargar a versión de proba de Acrobat 9.

Acrobat 9 comezará a venderse en 3 versións: Standard, Pro e Pro Extended a 404,84, 648,44 e 950,04 euros respectivamente (133,40, 219,24 e 312,04 euros no caso de actualizacións dende Acrobat 8).
O Acrobat 9 chega amparado pola nova web Acrobat.com
Compartir Este Artigo

