O pasado Día do Libro a editorial Ir Indo estreou un dicionario en liña de galego que atendía unha grande demanda dos galegos, pois o dicionario na web que tiñamos ata o momento non estaba axustado á normativa vixente dende 2003, pero agora na portada do novo dicionario virtual podemos ler unha mensaxe na que anuncian o peche temporal do mesmo (aínda que durante a escritura destas liñas continúa a estar plenamente operativo) en espera a que a Secretaría Xeral de Política Lingüistica volva a convocar o concurso público para a «adquisición dunha plataforma para publicar en Internet un dicionario de galego, con correspondencias en castelán, portugués e inglés» que contaba cun orzamento de 63.280 euros (IVE incl.) e se declarou deserto a 22 de novembro de 2007.
Dende Ir Indo Edicións descúlpanse por esta medida ante os milleiros de internautas que nos últimos meses utilizaron este novo servizo. Agardemos que a situación se arranxe, para que unha ferramenta de tanta utilidade poida estar accesible aos galegos.
Ir Indo anuncia a retirada temporal do seu dicionario de galego en liña
Compartir Este Artigo
