O Eee PC 1000H visto no ComputexTrala celebración do Computex dende Asustek sorprende colocando xa no mercado taiwanés o seu novo Eee PC 1000H, que sería a versión superior do ultraportátil máis popular do mercado, que neste modelo ten un procesador Intel Atom, 2 Gb de RAM, Wi-Fi, Bluetooth, webcam, disco duro de 80 Gb, batería de 6 celas (que dá unha autonomía de ata 7,5 horas), sistema operativo Windows XP e unha pantalla de 10,2 polgadas. O prezo de venda é de 18.988 novos dólares taiwaneses (uns 404,22 euros), aínda que é de agardar que o prezo europeo sexa bastante máis elevado. O novo Eee parecía que ía a chegar máis tarde ao mercado, aínda que ata despois do verán non se venderá en Europa. Tamén haberá unha versión con Linux e disco de memoria sólida de 40 Gb (o Eee PC 1000).