O navegador Opera chega á súa versión 9.5, que destaca especialmente por mellorar a súa seguridade e por ter un soporte de estándares moito máis amplo, de xeito que moitos dos elementos do CSS 3 funcionan correctamente nesta versión de Opera.
Opera é un navegador con certa popularidade nos móbiles, pero nos escritorios non é capaz de quitarlle usuarios a Internet Explorer, Opera e Safari, agardando que a mellora da súa aplicación poida atraer a novos internautas. Coa versión 9.5 Opera interpreta axeitadamente HTML, XML, XSLT, CSS 2.1, SVG 1.1 e Javascript, incluíndo a meirande parte dos estándares que conforman o HTML 5 e o CSS 3.
Para comprobar a grande compatibilidade de estándares do Opera 9.5 podemos sometelo ao test Acid3, onde acada un 83 sobre 100, superando ao Firefox 3 RC 2 (71) e a Safari (73), aínda que hai que admitir que cada versión que sae dos distintos navegadores vai prosperando neste aspecto.
Opera 9.5 incorpora un amplo soporte de estándares
Compartir Este Artigo

