
A vantaxe de Firefox Mobile estaría en que permitiría acceder a versións normais das páxinas web (e non a versións reducidas) e soportaría os estándares actuais, de xeito que moitas das páxinas que hoxe non se poden ver en terminais móbiles estarían accesibles.
Vídeo de demostración da nova interface para Firefox Mobile |
O proxecto parece que vai por bo camiño, e para que a xente se poida facer unha idea de cómo será o Firefox Mobile veñen de estrear unha demostración (en forma de páxina web) para coñecer a interface de uso deste navegador que permite facer zoom, xestionar favoritos ou abrir varias páxinas web á vez cun sistema alternativo ás habituais pestanas (ou fichas).
Polo momento esta interface sería conceptual, ou sexa, que pretende facer un achegamento a cómo podería ser o navegador, aínda que podería cambiar moi na súa versión definitiva, pero resulta orixinal o concepto de aplicación que se está a desenvolver, que é menos semellante da Internet do iPhone do que se tiña criticado con anterioridade.

