
Os novos Dell E terán unha pantalla de 1.024 x 600 píxeles, procesador Intel Atom, disco SSD, Wi-Fi (WiMAX e futuros modelos), webcam, 3 portos USB, lector de tarxetas de memoria, saída VGA e carcasas en 5 cores distintas. Poderanse adquirir con Linux ou XP, e o seu modelo básico terá 512 Mb de RAM e disco memoria sólida de 4 GB, mentres que o E Video incrementa a memoria a 1 Gb e o disco a 8 GB. O modelo superior sería o Dell E Video+.5 que chegaría ata os 12 Gb de disco e contaría con conectividade Bluetooth. A autonomía destes equipos sería dunhas 5 horas.
Pola súa banda, os Dell E Slim se venderían en 2 ou 3 cores, con disco SSD de 8 GB, podendo elixirse tamén entre Linux e XP, e batería de 4,5 ou 9 horas de autonomía. Tamén haberá un modelo Dell E Slim+ con 2 Gb de RAM e un disco de 60 Gb. Non se coñecen os seus prezos, pero poderían chegar ao mercado no mes de agosto.
Dell podería competir co Asus Eee PC e co Macbook Air
Compartir Este Artigo
