| Instalación de Mac OS X empregando EFiX |
O uso do sistema operativo Mac OS X en equipos PC podería ser moito máis doado dende o vindeiro 23 de xuño, data na que se agarda que lancen ao mercado EFiX, un produto consistente nunha unidade USB que engana ao Mac OS X facéndolle crer que un PC é realmente un Mac, converténdoo nunha alternativa barata aos equipos de Apple.
Ata o momento xa hai empresas que venden equipos completos cunha versión especial de Mac OS X preinstalada, e moitos usuarios recorren a versións modificadas do sistema operativo de Apple para instalalo nun PC (tanto sobremesa coma portátil) aínda que atopan serios problemas de compatibilidade de hardware. Está por ver cómo funcionará esta nova solución que parece ser máis sinxela que as que hai ata o momento, polo que puidemos ver nalgún blog.
