
Na demostración de AMD víronse unhas lugares reais capturados en vídeos aos que se lle aplicaron unha serie de efectos especiais, como o vídeo no que Ruby, a superestrela virtual de AMD, era perseguida por un robot xigante por unhas rúas, acadando un resultado espectacular.
Segundo un dos responsables da compañía, Charlie Boswell, «con Cinema 2.0 non só reproducirás películas senón que xogarás dentro delas. Imaxina a posibilidade de mirar ao redor dun contorno nunha película de ciencia ficción, colocarte a ti mesmo coma condutor nunha escena de carreiras, agocharte detrás de obxectos e erguerte para ver o que pasa durante un tiroteo… todo isto é posible con Cinema 2.0».
Fragmento do vídeo no que se pode ver a Ruby perseguida por un robot xigante |
Así, Cinema 2.0 achegaría una experiencia semellante ao cine convencional, pero procesándoo en tempo real, o que podería abrir unha grande porta ao futuro, pois se espera que a capacidade de cálculo necesaria para conseguir tal chegue dentro de 10 anos, pero coas novas tarxetas de vídeo ATI Radeon HD poderiamos ter un achegamento a esta tecnoloxía en breve, pois esperan comercializar tarxetas gráficas cunha capacidade de 1 teraFLOP grazas á incorporación dun procesador AMD Phenom X4 de catro núcleos e un chipset AMD 790 FX, que presentaría uns gráficos moi superiores aos das últimas consolas de videoxogos.
Hai que entender que estas promesas de AMD non deixan de ser unha campaña de presentación da tecnoloxía que está por chegar, pero dá a entender que o sector das tarxetas gráficas para ordenador non se rende ante a emerxencia das consolas de videoxogos como plataformas de lecer electrónico.
