A ollos da xustiza e de MySpace, mandar correo lixo a esgalla é unha cousa mala, pero facelo tirando partido arredo da dita rede social éche aínda moito peor. E senón que llo digan a Scott Richter, directivo de Media Breakaway, que vén de ser informado do que vai ter pagar por mor de ter feito uso de MySpace como plataforma para enviar spam aos seus usuarios: unha multa de 6 millóns de dólares, segundo se especifica do fallo do tribunal. Con todo, a cifra final que vai ter que abonar Richter, que hai dous anos foi levado perante a xustiza por Microsoft en base a motivos semellantes (tendo que pagar 7 millóns de multa), dista moito do que pedía previamente a acusación: 234 millóns de dólares.
Segundo fai saber MySpace nun comunicado, o que se quere dar a entender con accións da maneira é que non se vai andar con medias tintas á hora de iniciar accións contra os que usen a tecnoloxía posta ao servizo da comunidade en liña para o seu propio lucro e interese persoal. “Estamos comprometidos a que prevaleza a xustiza contra aqueles que tentan danar aos nosos membros”, sinalan os responsables da rede social. Con todo, e volvemos ao tema de antes, a sanción final está a moita distancia do que pedía a firma MySpace. O motivo? Semella que responde a un interese dos tribunais de non descargar sobre dous ombreiros (os de Richter) un peso que debería vir compartido con outras moitas empresas afiliadas á mesma.
Seis millóns de dólares de multa por empregar MySpace como lanzadeira de spam
Compartir Este Artigo

