A canle de tendas de electrónica de consumo Media Markt lanzou entre o 16 e o 24 de maio unha campaña baixo o lema de «el gustazo de pasar de cuartos», de xeito que os clientes que mercasen un televisor durante os días sinalados poderían optar a un chegue polo 25% do valor da súa adquisición no caso de que a Selección Española de fútbol pasase de cuartos de final na Eurocopa.
O resultado do encontro deportivo que tivo lugar o pasado domingo supón así unha boa nova para os máis de 13.500 de Media Markt que se acolleron á promoción, e que agora poderán aproveitar o desconto prometido ata o vindeiro 12 de xullo, non entregándose tal contía en efectivo senón nun cheque regalo.
![]() |
Anuncio televisivo da campaña de Media Markt |

