
A solución chámase MultiEnquisas, liberouse baixo licenza LGPL, e permite crear diferentes enquisas que se poden contestar a través da web ou de dispositivos portátiles baseados en Windows Mobile.
Os bloques de preguntas creados pola aplicación pódense exportar a PDF ou Word e xerar arquivos CSV ou Excel cos resultados. É destacable o feito de que a aplicación móbil pode funcionar sen conexión á Rede, sincronizándose a información recollida a posteriori mediante Wi-Fi ou ActiveSync.
MultiEnquisas facilita a recollida de datos dende a web e dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo

