
Meglena Kuneva, comisaria responsable de Protección dos Consumidores, denuncia que «non podemos mercar libremente en toda a UE ordenadores, billetes de tren ou consolas» o que carece de sentido xa que «non hai sitio no mercado único europeo para restricións xeográficas artificiais que encerran aos consumidores nas súas fronteiras nacionais». Un exemplo tamén da anormal situación actual é que tendas coma iTunes teñen distintos prezos en varios mercados europeos.
A Comisión Europa preparará para outono propostas para crear un marco único de dereito contractual na Unión, que elimine diferenzas nacionais en cuestións coma os prazos de devolución ou duración de garantías.
Bruxelas busca un comercio electrónico sen restricións intracomunitarias
Compartir Este Artigo
