Varias cidades norteamericanas gozas dun servizo desenvolvido pola empresa neoiorquina 3rd Dimension que permite levar as imaxes das cámaras de tráfico en directo aos móbiles, o que resulta moito máis ilustrativo de atascos e conxestións da circulación de vehículos que un mero informe radiofónico, facendo máis doado prever retencións e planificar vías alternativas.
Vídeo de presentación do servizo norteamericano |
Actualmente New York, Los Angeles, Knoxville, Kansas City, Indianapolis e Houston teñen este servizo operativo e máis de 10 cidades estadounidenses están á espera de implantalo, de xeito que esta funcionalidade cumpre cunha función de servizo público (aínda que polo momento captou a poucos usuarios).
En España tamén é posible acceder a imaxes dalgunhas cámaras de tráfico a través da páxina web da Dirección Xeral de Tráfico, pero son poucas e non amosan vídeo en tempo real, polo que a experiencia americana podería trazar o camiño a seguir no futuro.
