A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información en colaboración co Concello de Pontevedra puxo hoxe en marcha o novo Centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información de Monte Porreiro, coa intención de achegar a cidadanía ás TIC.
No acto de inauguración do centro participaron Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, e Montserrat Prado, delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria en Pontevedra.
O novo centro está totalmente equipado coa tecnoloxía máis avanzada e con software libre para desenvolver todo tipo de actividades relacionadas coa formación nas novas tecnoloxías. O equipamento está composto por 10 ordenadores para os usuarios, 1 cámara fotográfica dixital, 1 retroproxector, 1 impresora láser, 1 impresora a cor, 1 escáner, webcams e lectores de DNI.
Monte Porreiro estrea Centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información
Compartir Este Artigo
