
A Plataforma ten coma principal obxectivo fomentar e producir sinerxías entre os axentes galegos interesados no deseño, produción e comercialización do produto gráfico e do libro, para participar na planificación do I+D+i do sector en Galicia e posicionalo como líder entre os sectores estratéxicos galegos, así como facilitar a súa entrada en novos mercados.
A Plataforma Tecnolóxica do Produto Gráfico Galego contará con 3 grupos de traballo para promover a innovación:
– crear unha plataforma para distribuír libros impresos e dixitalizados a través de Internet, ademais de ofrecer a posibilidade de promoción, impresión e distribución baixo demanda dos mesmos (no que dan en chamar o «Amazon á galega»)
– mellorar os procesos e técnicas de xestión, así como crear un selo de Garantía Gráfica Galega (GGG)
– desenvolver tecnoloxías aplicadas ao proceso produtivo, como a utilización de etiquetas RFID
Presentan a Plataforma Tecnolóxica do Produto Gráfico Galego
Compartir Este Artigo
