Os usuarios que desexen compartir unha presentación de PowerPoint a través da Internet sen querer contar con servizos coma SlideShare poden agora optar por aplicacións coma iSpring, que actúa coma engadido para o programa de presentacións de Microsoft para a exportación de documentos en formato Flash.
Este conversor de PPT a Flash é compatible para a versións para Windows de PowerPoint 2000/XP/2003/2007, conserva as ligazóns e os botóns de acción, respecta as transicións entre transparencias, deixa incrustar música e narracións sonoras, permite sincronizar animación e son e, principalmente, é moi doado de utilizar, xa que chega case cun clic para crear unha presentación multimedia que se poida publicar directamente na web.
O reprodutor destas presentacións é moi elegante e completo, aínda que os usuarios máis esixentes poden optar por unha versión profesional de iSpring (de pago) que ten unhas características máis completas.
iSpring permite converter presentacións de PowerPoint a Flash
Compartir Este Artigo
