O vindeiro 1 de agosto parte do mundo será testemuña dun eclipse de sol total e, para que se poida seguir o evento dende EE.UU. o museo da ciencia Exploratorium de San Francisco viaxará á provincia chinesa de Xinjiang (preto de Mongolia) para transmitir o fenómeno mediante un webcast que se poderá seguir dende o museo físico como a través de Second Life.
Deste xeito, os usuarios de Second Life espallados por todo o mundo que estean lonxe de poder ver en primeira persoa o eclipse poden optar por seguir o acontecemento a través da Internet durante os 45 minutos que durará a retransmisión (que estará amenizada por comentarios dende Exploratorium e a NASA), como xa se fixo noutras ocasións. Para facer tal haberá que visitar a illa Exploratorium, na que dende hoxe se pode achegar información sobre os eclipses.
Os usuarios que non queiran entrar en Second Life para seguir o fenómeno tamén poden ir á web do Exploratorium para seguir o webcast en directo.
Second Life permitirá seguir o eclipse solar que terá lugar o 1 de agosto
Compartir Este Artigo
