Os usuarios que queiran evitar os atascos de tráfico poden agora consultar estas incidencias dende o navegador web do seu móbil dun xeito moi doado, pois só teñen que visitar a páxina web atasco.org/m para ver se hai algún informe de tráfico para a súa comunidade autónoma.
Tamén existe unha versión para o iPhone sita en atasco.org/i, que adapta a súa aparencia ao móbil de Apple que o vindeiro día 11 de xullo se comezará a vender en España.
Atasco.org non sería así un servizo moi completo e detallado, pero pode resultar de utilidade igualmente, destacando especialmente pola súa facilidade de uso, a súa accesibilidade e a gran variedade de dispositivos dende o que se pode consultar.
Destacamos o detalle de que dende atasco.org/m/galicia ou atasco.org/i/galicia podemos acceder directamente á información da nosa comunidade autónoma.
Atasco.org achega información do tráfico ao móbil
Compartir Este Artigo
