
Durante o acto de presentación do estudo estiveron presentes Elena Salgado, ministra de Administracións Públicas; César Alierta, presidente de Telefónica; Pedro Castro, presidente da Federación Española de Municipios e Provincias; Javier Nadal, vicepresidente da Fundación Telefónica e Emilio Ontiveros, catedrático de Economía e presidente de Analistas Financeiros Internacionais.
O informe aparece editado pola Fundación Telefónica e céntrase nos avances que permitirán que os servizos electrónicos sexan accesibles a todos os cidadáns o 1 de xaneiro de 2010 segundo esixe a lei, conseguindo así que as Administracións locais combinen dispoñibilidade as 24 horas, conectividade, accesibilidade multicanle, interoperabilidade, seguridade e ubicuidade.
As áreas nas que as TIC resulten máis útiles e eficaces aparecen detalladas no volume, ao tempo que se presentan os modelos máis axeitados para levalas á práctica. Tamén se debuxa un mapa tecnolóxico do uso das TIC no ámbito da xestión local e dos indicadores que reflicten con precisión a realidade das TIC nas entidades locais, destacando que 2008 pode ser o ano da Administración electrónica, xa que na actualidade se está a ofrecer un servizo púlbico a través de varios canles (Internet, móbil, teléfono e TDT). Tamén resultará esencial neste proceso modernizador o DNI electrónico.
Na actualidade a implantación das TIC xa é moi ampla empregándoas o 91% das entidades, o 64% dos servizos de información e o 37,8% dos servizos de notificación.
A Fundación Telefónica publica un informe sobre o uso das TIC nas Administración locais
Compartir Este Artigo
