O reprodutor avanzado permite consultar os clips máis vistos, seguir eventos en directo e outras prestacións como a visualización de vídeos picture-in-pictureA tecnoloxía Silverlight, resposta de Microsoft ao Flash de Adobe, vai aproveitar a chegada dos Xogos Olímpicos para achegarse ao grande público, pois dende a web NBCOlympics.com contarán cunha ampla sección de vídeos na que se van poder consultar máis de 2.200 horas de vídeo dende o evento, para o que contan cun reprodutor multimedia desenvolvido coa tecnoloxía de Microsoft que, aínda que está en probas, permite uns resultados bastante satisfactorios. O reprodutor amosa a súa versatilidade cando accedemos á súa interface avanzada, que nos abre unha porta a contidos en directo e a un arquivo histórico de vídeos que sorprende por permitir ver varios vídeos á vez mediante a técnica de picture-in-picture. Dada a atención que terán os Xogos este verán, parece evidente que a sección de vídeos da web da NBC sobre o evento vai ser a proba de lume que precisa a tecnoloxía Silverlight 2 beta 2 para demostrar ao público do que é capaz. O modo básico do reprodutor segue o mesmo patrón de moitas plataformas televisivas na web