O xornal Valéncia Hui naceu hai menos de 2 anos tanto en papel como na Rede, sorprendendo por aparecer coma periódico de pago nun panorama en crise, coa intención de abandeirar a identidade valenciana, que agora ten que cambiar de estratexia. Así, o seu director, Baltasar Bueno, escribiu un editorial no que explica que «non botamos o peche, non nos tapa a boca ninguén. Simplemente, nos actualizamos, apuntámonos á modernidade, ás novas tecnoloxías, nos adiantamos ao que dentro de pouco moitos xornais van facer: pasar do periódico papel ao dixital».
Esta medida non só é un indicativo indiscutible dos cambios de consumo mediático, senón que tamén poderá servir de exemplo de cambio de filosofía, pois a cabeceira deberá deixar de planificar o seu traballo en ciclos de 24 horas para converterse nun medio en constante efervescencia.
Un xornal valenciano di adeus ao papel
Compartir Este Artigo
