Na pasada edición da Campus Party púidose asistir ao espectáculo Video Games Live, que era unha orixinal experiencia na que unha orquestra sinfónica interpretaba música de videoxogos, que tivo moi boa aceptación internacional (os concertos deste tipo celebráronse por todo o mundo) polo que EMI anunciou que vai lanzar un CD con moitos dos temas seleccionados por Tommy Tallarico e Jack Wall, co-creadores desta iniciativa.
Video Games Live: Volume One apareceu no Reino Unido coma descarga hoxe mesmo, mentres que a súa edición en CD tardará en chegar ao resto de Europa ata o 20 de agosto. Os temas recollidos pertencen a videoxogos dos últimos 35 anos, de xeito que podemos escoitar dende temas de Halo ata a popular música de Tetris.
O recompilatorio gravado e mesturado nos famosos estudos londinienses de Abbey Road sería o primeiro disco de música de videoxogos publicado mundialmente por un dos grandes selos discográficos (EMI), e a súa lista de temas sería, segundo unha nota de prensa, a seguinte: – Kingdom Hearts – Warcraft Suite – Myst Medley – Medal of Honor – Civilization IV Medley – Tetris – God of War – Advent Rising Suite – Tron Montage – Halo Suite – Castlevania Rock
Curiosamente tamén circula outra relación de temas que quedaría así: – The Legend of Zelda – Symphonic Suite – Warcraft Suite – Civilization IV Medley – Final Fantasy Piano Medley – Advent Rising Suite – Tron Montage – Sonic the Hedgehog –Symphonic Suite – Myst Medley – Super Mario Bros. – Symphonic Suite – Mario Piano Medley – Halo Suite – Final Fantasy VII – One-Winged Angel Live
A experiencia de Video Games Live recollerase nun CD recompilatorio
Compartir Este Artigo
