Aínda que o Windows XP segue a ser o sistema operativo rei no mercado global, o Vista está comezando a coller peso, e segundo a consultora Net Applications xa conta cunha cota de mercado do 16,14% a nivel mundial, o que confirma o crecemento sostido do último sistema operativo de Microsoft.
Tamén se ve como aínda que os equipos de baixas prestacións continúen a utilizar Windows XP, o veterano sistema operativo vai perdendo cota de mercado pouco a pouco. Esta tendencia se podería trasladar tamén ao mundo do Mac, onde vemos coma os equipos baseados en procesadores PowerPC caen ao 2,69% de cota de mercado, mentres que os que teñen procesadores Intel ( o que lles permite funcionar tamén co sistema operativo Windows) xa teñen o 5,25% do mercado.
O sistema operativo Linux continúa a ter unha presenza insignificante nos escritorios informáticos con só o 0,8% de penetración a xuño de 2008, quedando Windows coa dominación case absoluta da informática persoal co 90,89% dos equipos.
Hai que destacar que estes datos se refiren a equipos informáticos de escritorio, e non a servidores, onde Windows non ten uns resultados tan positivos, e o Linux ten moita forza.
O 16,14% dos ordenadores xa funcionan con Windows Vista
Compartir Este Artigo
