O firmware 2.40
para a PlayStation 3 tivo unha accidentada estrea, pois provocou
que moitas consolas en todo o mundo quedaran bloqueadas trala súa instalación,
polo que dende Sony se apresuraron en lanzar unha nova versión corrixida, a
2.41, que xa está dispoñible, e que coma principal mellora está a
incorporación de trofeos
(que se acumulan ao superar retos en certos xogos, coma os logros de Xbox 360).
O firmware 2.41 para PS3 achega os trofeos á consola de Sony
Compartir Este Artigo
