As persoas que van participar en procesos selectivos da Xunta de Galicia poderán presentar as súas solicitudes a través da Internet, que nun principio se aplican xa os procesos do subgrupo C2 e na agrupación profesional de persoal subalterno polos sistemas de acceso xeral e de consolidación de emprego, e se estenderá de xeito xeral ás de próxima publicación.
O novo sistema de presentación de solicitudes de participación, desenvolvido en colaboración co Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económica-Financeira e Contable, entrou en funcionamento esta semana e funciona mesmo sen certificado dixital, téndose validado ata o serán de onte un total de 1.912 solicitudes (das que incluso 359 optaron por realizar tamén de xeito telemático o pagamento das taxas correspondentes), mellorando substancialmente o proceso e dotándoo dunha grande axilidade.
As solicitudes para os procesos selectivos da Xunta xa se poden presentar a través da Internet
Compartir Este Artigo
