A Consellería de Innovación e Industria dotará de máis recursos e actuacións os programas Concellos Dixitais, Cidadanía Dixital e PEME dixital logo da sinatura de tres addendas ao convenio marco do Plano Avanza entre o departamento de Fernando Blanco e o Ministerio de Industria. As novas actuacións, presentadas esta mañá polo titular de Innovación e Industria, estarán coordinadas co resto das liñas de actuación da Consellería e destinaranse a tres importantes campos de actuación: a administración local, o tecido social e o sector empresarial galego.
Segundo explicou o conselleiro, o importe total das tres addendas acada os 9 millóns de euros para 2008 e 2009. Cada programa dótase cunha asignación que rolda os 3 millóns. Do total destes recursos, a Consellería de Innovación e Industria achega 3.349.000 euros; o Ministerio proporciona 4.900.000 euros e outro medio millón é librado polos concellos respectivos dentro do programa de concellos dixitais. Fernando Blanco destacou a importancia de conseguir do Estado eses preto de 5 millóns de euros xa que permitirán potenciar a sociedade da información no país e complementar outras actuacións xa en marcha.
Innovación e Industria ampliará os recursos para os programas de Concellos Dixitais, Cidadanía Dixital e PEME Dixital
Compartir Este Artigo
