
Lembremos que Psystar facía moito máis que empregar tácticas populares para instalar Mac OS X nun PC (que pasaría a coñecerse coma Hackintosh) senón que facían modificacións profundas no sistema para que incluso as actualizacións de software funcionasen a través dun servidor controlado pola empresa para evitar que os seus equipos tivesen problemas de compatibilidade no futuro. Precisamente todo este mecanismo é o que podería supor o principal problema para Psystar, pois a infracción da licenza de uso de Mac OS X podería incluso desestimarse (pois tal licenza podería violar a lei anti-monopolio estadounidense), pero iso non xustificaría o resto de ilegalidades emprendidas cun claro ánimo de lucro.
Apple denuncia a unha empresa que vende ordenadores Mac clónicos
Compartir Este Artigo
