O servizo de documentos de Google, que nos permite crear textos, follas de cálculo e presentacións, vén de incorporar modelos preconfigurados ou templates de xeito que ao crear novos documentos a través de Google Docs será posible aplicarlles formatos predeterminados que poderían servir para facer calendarios, tarxetas de invitación, portafolios, etiquetas e moitas outras maquetas habituais en solucións ofimáticas de escritorio.
Polo momento, os novos modelos só están dispoñibles para o seu uso se temos configurada a interface de Google Docs en inglés, e potencian a plataforma que permite crear, modificar e compartir documentos incluso entre varios usuarios (evitando os incómodos procesos de envío dos documentos por correo electrónico, así coma posibles conflitos entre versións dun mesmo documento).
Google Docs inclúe modelos predeseñados para os seus documentos
Compartir Este Artigo
