
A AEPD considerou que os feitos condenados constitúen unha infracción grave da Lei Orgánica de Protección de Datos, pois nos vídeos publicados na Rede era posible identificar a transeúntes aos que non se lles pedira o seu consentimento para difundir as súas imaxes.
A Asociación Nuevos Vecinos de Montera abrira unha canle en YouTube na que se chegaron a colgar máis de 30 vídeos, nos que se podía ver a prostitutas e proxenetas na rúa (falan dunha afluencia diaria de máis de 100 prostitutas en apenas 30 metros de rúa), así coma varios prostíbulos encubertos que existen, para denunciar a situación que están a vivir na zona. Dende a Asociación consideraban que podían publicar as imaxes en YouTube porque estaban gravadas nun espazo público (en plena rúa), criterio non compartido pola AEPD, o que podería servir de advertencia para iniciativas semellantes no futuro.
De todos os xeitos, a sanción neste caso non é moi elevada xa que en boa parte dos vídeos publicados pola Asociación se distorsionaron as imaxes o que «permitiu entender que existe unha diminución da culpabilidade do sancionado»
A AEPD impón a súa primeira multa por publicar vídeos en YouTube
Compartir Este Artigo
