
Así, distribuíron dispositivos de papel electrónico Read & Go (de iRex Technologies, filial de Philips) a 120 persoas que forman parte dun grupo de estudo, e que durante un tempo empregarán o trebello para ler os contidos dos xornais (descargados mediante redes sen fíos de France Télécom).
Este tipo de dispositivos normalmente se utilizan para a lectura de libros, pero o seu uso para a prensa resulta moi atractiva pois permitiría engadir certa interactividade e mesmo a personalización da publicidade.
As probas rematarán en setembro, cando se analizará a experiencia acadada polos usuarios, e se definirán os posibles modelos de negocio para a comercialización deste tipo de dispositivos, que poderían estar apoiados por operadoras de telecomunicacións (para a subvención dos terminais, coma tamén acontece coa telefonía móbil).
Proban en Francia o papel electrónico como plataforma de distribución de prensa
Compartir Este Artigo
