Google anunciou o lanzamento oficial de Knol, un espazo con artigos autorizados sobre temas específicos, escritos por xente que entende dos mesmos, ou sexa, unha enciclopedia en liña, o que nun primeiro momento nos podería levar a pensar que se trata dunha alternativa á Wikipedia, aínda que parece que a súa filosofía é ben distinta: os autores poden crear un artigo ou entrada (que se chama knol) para posteriormente aceptar colaboracións de terceiros de xeito moderado, destacando o feito de que os autores poden empregar código de AdSense para rendibilizar economicamente o seu traballo.
A labor dos usuarios nesta nova plataforma estaría máis la valoración que na creación de contidos, de xeito que ao puntuar os knol se lles vai dando autoridade aos artigos e autores.
Ábrese Knol, a enciclopedia virtual de Google
Compartir Este Artigo
