Quark anunciou que a súa aplicación QuarkXpress 8 xa está á venda a 1.349 euros (399 euros no caso de actualizar dende unha versión anterior) renovándose así unha das aplicacións de maquetación para Windows e Mac OS X de máis sona.
O programa inclúe unha nova interface pensada para facer máis doado o seu uso e mellorar a produtividade na produción de proxectos de maquetación. Aparte das ferramentas típicas de deseño de documentos impresos, o programa tamén inclúe autoría Flash e agora os usuarios tamén poden mover, xirar e escalar as imaxe en tempo real utilizando a ferramenta de contido gráfico (evitando ter que introducir valores numéricos para tal).
A aplicación é capaz de exportar os documentos aos formatos PDF, HTML, EPS e SWF. Tamén incorpora a posibilidade de arrastrar e soltar imaxes no escritorio ou en aplicacións coma iPhoto, facendo máis intuitivo o seu uso, o que tamén se pode aplicar con contidos de QuarkXpress en Photoshop, Illustrator, Word e outras aplicacións para a súa edición directa.
Sae a versión 8 de QuarkXpress
Compartir Este Artigo

