Cando falamos de sistemas
operativos móbiles hai que recoñecer que nos últimos tempos o Mac OS X do
iPhone e o Symbian dos Nokia son os máis populares, pero Microsoft non está
quieta, e o seu Windows Mobile superou
xa os 18 millóns de licenzas vendidas nos últimos 12 meses, o que é
un volume moi importante (aínda que non
acadou o obxectivo dos 20 millóns de licenzas que se propuxera a
compañía) para esta plataforma que conta cuns 18.000 programas de todo tipo que
conta co apoio de fabricantes coma HTC, que fan terminais con prestacións cada
día máis próximas ás dun ordenador en miniatura.
18 millóns de licenzas de Windows Mobile nos últimos 12 meses
Compartir Este Artigo

