Unha das imaxes do interior da nova Xbox 360 tomadas por Ben HeckOs futuros compradores da Xbox 360 de seguro que recibirán ben o feito de que o modelo Premium da consola pase a venderse cun disco duro de 20 Gb a incluír un de 60 Gb, pero grazas ao coñecido modder Ben Heck sabemos que non quedaron aí os cambios na consola de alta definición de Microsoft, senón que tamén se produciron certos cambios internos na máquina, como a colocación da memoria, de xeito a posibilidade de ter problemas de calor que se manifestaba mediante tres luces vermellas (coñecidas coma o anel vermello da morte) e que se considera a avaría máis grave que pode padecer a Xbox 360 podería reducirse considerablemente ata pasar a ser cousa do pasado. Ou sexa, que o novo modelo da consola será máis seguro e estable, agardándose máis optimizacións neste sentido en seguintes revisións (fálase da posibilidade de xuntar nun único chip o procesador principal e o procesador gráfico, o que podería reducir considerablemente a disipación de calor).