
Deste xeito, unha serie de espazos escollidos poderán empregarse para acceder á Internet mediante tecnoloxía Wi-Fi, mentres que os comerciantes e habitantes da zona vella poderán optar tamén por esta solución tecnolóxica para contratar unha conexión de acceso á Rede.
Para os residentes a conexión tería un custo mensual de 25 euros (para unha conexións de 0,5 Mbps) e de 39 euros (para 1 Mbps) aos que habería que engadir unha cota de alta de 90 euros, aínda que tamén haberá a posibilidade de contratar bonos para o uso un determinado número de horas.
Os servizos que se achegarán dende a nova rede WiMAX comezarán a pórse en marcha no último trimestre do presente ano, nun proxecto do que resultou adxudicataria a empresa Colabora. O importe da adxudicación é de 367.686 euros para o subministro e 16.000 euros/anos para a xestión do servizo.
Os habitantes do casco histórico compostelán poderán contratar conexión á Rede sen fíos
Compartir Este Artigo
