Hai pouco máis dun mes que o ultraportátil Advent 4211 comezou a venderse no Reino Unido na canle de tendas PC World, e a mesma compañía baixo a súa marca española (PC City) achéganos agora o que prometía ser a versión máis do MSI Wind (aínda que nas nosas terras non se replica tal diferenza de prezo) que podemos considerar que é un dos ultraportátiles de baixo custo máis destacables porque aparte das características de rigor nos MSI Wind remarcados (procesador Intel Atom a 1,6 GHz, 1 Gb de RAM, disco duro de 80 Gb, Wi-Fi, pantalla de 10,2 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, webcam de 1,3 Mpíxeles, saída VGA e 3 portos USB) tamén inclúe conectividade Bluetooth, o que supón unha importante mellor para este tipo de equipos, xa que podería empregarse para conectarse á Rede a través do móbil.
O equipo véndese en España a 398,99 euros, o que lle permite manter un prezo atractivo combinado coa súa alta portabilidade (só pesa 1,12 quilos).
O Advent 4211 chega a España coma o primeiro clon do MSI Wind con Bluetooth
Compartir Este Artigo
