Esta semana a galega Arteixo Telecom presentará en Francia un dispositivo GPS para cabalos de carreiras que permite coñecer o estado das carreiras durante o transcurso. O sistema responde ao nome de GPS BEN e se aplicará á modalidade Endurance (contrarreloxo campo a través) no que se descoñecía o estado da carreira ata a chegada á meta, e que agora os xuíces poderán seguir minuto a minuto.
Os datos enviados polo GPS presentaranse nunha ortofoto de grande calidade para a súa visualización en grandes pantallas, aínda que non é menos importante o feito de que o localizador que leven os xinetes (que só pesa 130 gramos) mellorará a súa seguridade, xa que detectará se caen do cabalo ou saen da ruta.
A proba na que se presentará este dispositivo, desenvolvido coa colaboración de Level Telecom (empresa con sede en Ames) e o centro de tecnoloxía e innovación EUVE, será a Compiègne Endurance que se celebrará ao norte de París.
Arteixo Telecom achega o seguimento de carreiras de cabalos por GPS
Compartir Este Artigo
