A interface de
usuario da Xbox 360 vai cambiar radicalmente no outono cun novo deseño, incorporando
avatares e engadindo un servizo de compra e aluguer de vídeo (que en EE.UU. se
fai en colaboración con NetFlix), pero os últimos rumores apuntan a que os
usuarios que agardaban que esta revolución chegase en setembro precisarán de
moita paciencia, pois o cambio podería demorarse
ata o mes de novembro, de xeito que chegaría a tempo para o Nadal, á
vez que continuaría publicándose no outono.
O novo Dashboard da Xbox 360 podería demorarse ata novembro
Compartir Este Artigo
