Moitos usuarios
que non empreguen Windows nin o navegador Internet Explorer se senten
frustrados ao ver que certos servizos non están accesibles a eles, e un grupo
de usuarios que normalmente se sentía marxinado eran os maqueiros, que agora
poderán acceder aos servizos das administracións públicas españolas co seu certificado dixital emitido pola Fabrica
Nacional de Moeda e Timbre dende Safari ou Firefox grazas a unha
serie de pasos que detallan dende Applesfera. Avánzase así cara á
liberdade do usuario na elección das súas plataforas de software sen pecharse así
portas aos servizos en liña.
Explican coma usar os certificados dixitais da FNMT en Mac OS X
Compartir Este Artigo

