Dende Google anuncian o lanzamento da aplicación para BlackBerry Mobile Gmail 2.0, que permite o acceso ao correo de Gmail dende os terminais telefónicos fabricados por RIM, destacando especialmente pola incorporación do soporte de múltiples contas, de xeito que é doado consultar o correo de distintos enderezos electrónicos sen ter que volver a introducir os datos de acceso.
Tamén permite gardar máis de unha mensaxe coma borrador, precargar o contido das mensaxes, copiar e pegar texto mentres escribimos un e-mail e mesmo funcionar en segundo plano (para consultar periodicamente se recibimos novas mensaxes).
Renovan a aplicación para acceder a Gmail dende as BlackBerry
Compartir Este Artigo

