O fabricante PNY Technologies chegou a un acordo con Sony para incorporar nunha das súas memorias USB de 2 Gb a película completa de Os Cazapantasmas (Ghostbusters), o que resulta un tanto sorprendente, pois non se trata dun xeito de comercializar a película de 1984, senón dun valor engadido a unha memoria USB na que se supón que se poden gardar ata 1.080 fotografías, 33 horas de música ou 12 horas de vídeo.
Aínda non se publicou o prezo de venda da memoria USB nin o formato no que se distribuirá a película precargada (que de ser MPEG-4 podería funcionar en boa parte dos reprodutores de DVD domésticos con porto USB).
O certo é que nas tendas xa existen moitos reprodutores multimedia que inclúen vídeos musicais e cancións precargadas, pero o traslado desta táctica promocional ás memorias USB coidamos que é un feito sen precedentes.
PNY venderá unha memoria USB coa película Os Cazapantasmas precargada
Compartir Este Artigo
