A Cámara de Comercio de Vigo vén de anunciar na súa
páxina web un curso de Google Analytics para o vindeiro día 29 de setembro.
A iniciativa, que organiza a empresa especializada en marketing e publicidade na Rede, Gestiberia, terá unha duración
de 4 horas e os asistentes aprenderán, entre outras cousas, a empregar a devandita
ferramenta para medir e optimizar os aspectos críticos de todo sitio web: a súa
usabilidade, campañas de promoción, navegación, contidos, posicionamento en
buscadores…
Os encargados da formación dos asistentes serán profesores certificados por
Google Analytics.
Curso de Google Analytics, na Cámara de Comercio de Vigo
Compartir Este Artigo

