A rede social
MySpace incorporou ao seu servizo a posibilidade de gravar
e publicar vídeos directamente, sen ter que utilizar aplicacións
intermedias, valéndose directamente de cámaras web (que hoxe en día incorporan
moitos equipos de serie). Gravar os vídeos para a súa publicación inmediata na
Internet xa era algo posible en servizos coma YouTube, pero dende MySpace
pretenden situar esta función na súa rede social de xeito que facilitará a
videoblogueiros, músicos artistas e calquera outro usuario a comunicación cos
seus seguidores.
MySpace incorpora a gravación de vídeos dende webcam
Compartir Este Artigo
