
A aplicación lanza agora a súa versión 0.9.2, que sorprende cunha chea de novidades, pois non se limita a corrixir fallos detectados, senón que incorpora soporte para máis de 20 novos formatos de audio e vídeo (entre os que está o FLV empregado por servizos coma YouTube), 14 novos formatos de subtítulos, mellora no renderizado de texto, interface mellor adaptada aos sistemas operativos de cada versión (p.ex., a versión de Mac OS X está totalmente adaptada ao estilo Aqua), exportación de vídeo baseado en CoreAnimation con toda clase de filtros e opcións avanzadas, melloras nas listaxes de reprodución (que se poden gardar nunha biblioteca de medios) e moitos outros detalles como amosar as cubertas dos discos, incluír un editor de metadatos e adaptarse á radio en liña Last.fm.
A nova versión do VLC ao detalle
O reprodutor multimedia VLC incorpora soporte de vídeo en Flash
Compartir Este Artigo

