O fabricante de
pilas Energizer, consciente do uso de baterías recargables por parte dos mandos
sen fíos das consolas de videoxogos anunciou que vai vender kits de cargador e
pilas baixo o nome Energizer
Power & Play, que custarán 39,99 dólares no paquete destinado á
Nintendo Wii e 29,99 dólares nos modelos para Xbox 360 e PS3 (para os que tamén
se poden adquirir cables de carga por 12,99 e 9,99 dólares respectivamente).
Estes kits de pilas para os mandos das consolas chegarán ás tendas no presente
mes.
Energizer lanza kits de pilas recargables para os mandos das consolas de videoxogos
Compartir Este Artigo
