A Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Consellaría de Innovación e Industria inaugura unha das 3 oficinas que existirán nas universidades galegas para o desenvolvemento de tarefas de formación, asesoramento e implantación do Software Libre na Universidade, coma son conferencias, xornadas, análises do estado do software na Universidade ou guías de boas prácticas e de uso de estándares de comunicación abertos.
A apertura da Oficina de Software Libre para a comunidade universitaria compostelá é unha nova achega da Administración galega en prol do Software Libre, que tamén favorece a posibilidade de que profesores, alumnos e investigadores poidan contar con software traducido ao seu idioma.
A USC estrea Oficina de Software Libre
Compartir Este Artigo
