Scott Fahlman é informático que propuxo o uso de smileys feitos con carácteres de textoHoxe fai 26 anos do día no que Scott Fahlman levou o sorriso á Internet, pois o informático da Universidade Carnegie-Mellon remitiu aos seus compañeiros unha mensaxe na que propuxo o uso de cadeas de carácteres para axudar a diferenciar cousas serias de bromas. Os exemplos que puxo Fahlman xa son historia, pois contaba con que 🙂 pudese servir para representar unha broma, mentres que 🙁 indicaría xusto o contrario. Para ler estas indicacións o lector debería inclinar a súa cabeza á esquerda, de xeito que pode imaxinar caras expresando emocións, o que actualmente coñecemos coma emoticonas. Na actualidade existe unha grande diversidade de emoticonas e o seu uso está aceptado popularmente, aínda que só en contornos informais, e incluso moitos sistemas (dende blogs ata o propio Microsoft Word) os converten en gráficos para a súa mellor lectura. De feito, nas ferramentas de mensaxería instantánea incluso se incorporan atallos para estas expresións, que chegan a estar animadas e acompañadas de son, posto que na actualidade os usuarios non están atados ao uso de carácteres ASCII para expresarse.